lunes, 21 de enero de 2013

"O proxecto do espazo"

Ola a todos e a todas:
O pasado trimestre estivemos traballando co proxecto do espazo e aprendimos moitas cousas: os planetas, as estrelas, as constelacións, os horóscopos, as naves espaciais, os astronautas,... 
Para que vexades algún dos nosos traballos deixámosvos algunhas fotos: 
1. O cadro de Miró (tamén pintamos a noite estrelada deVangogh)

 2. A nosa sombra (experimentamos coa nosa sombra co sol na escola, e na casa coas familias a sombra coa lúa ou con luz artificial)








3. Puzzle dos medios de transporte (aproveitando que estudabamos por onde circulaba a nave espacial, aproveitamos para coñecer as vías ou lugares polos que circulaban outros medios de transporte).


Outras actividades das que non sacamos fotos foros o móbil dos planetas nos que reproducíamos o sistema solar, ou a manualidade das fases da lúa na que ó ir despregando ó folio víamos a lúa crecente, chea, minguante e nova.
Moitas grazas a todas as familias por colaborar coas actividades do proxecto.
Un saúdo a todas e a todos.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario