O venres estivemos outra vez de festa, Joel cumpliu catro anos e fixemos unha tarta riquísima!!! comémola enteiriña e ademáis deunos un paquete de chuches xigante. Gracias!!!
martes, 11 de junio de 2013
martes, 7 de mayo de 2013
viernes, 19 de abril de 2013
Visitamos os bombeiros!!!!
Hola a todos e a todas:
Onte fomos de excursión ós bombeiros cos nenos/as de Castromil, Carnés e Xabiña e pasámolo moi ben. Subimos ó camión, tocamos a sirea, falamos polo walki, botamos auga, vimos como subían na escaleira e puxemos o casco de bombeiro!!!
Pasamolo xenial, aquí vos deixamos algunhas fotos
Onte fomos de excursión ós bombeiros cos nenos/as de Castromil, Carnés e Xabiña e pasámolo moi ben. Subimos ó camión, tocamos a sirea, falamos polo walki, botamos auga, vimos como subían na escaleira e puxemos o casco de bombeiro!!!
Pasamolo xenial, aquí vos deixamos algunhas fotos
lunes, 8 de abril de 2013
O esqueleto León
Queridos amigos e amigas:
Hoxe cando abrimos a porta da clase apareceu esqueleto!!!!! Non sabíamos o que pesaba ó principio, pero démonos conta de que tiña unha carta colgada no seu cuello que dicía:
Hoxe cando abrimos a porta da clase apareceu esqueleto!!!!! Non sabíamos o que pesaba ó principio, pero démonos conta de que tiña unha carta colgada no seu cuello que dicía:
"Bos días
Paula, Manuela, Camilo, Xabier, Daniela, Brais, Joel, Carmen e Uxía,
como estades?
Primeiro de todo
voume presentar, eu son o personaxe que vos vai acompañar na
próxima investigación que realizades, pero hai un
problema: os meus pais non me puxeron nome, entón teredesme
que axudar a atopar un.
A partir da agora
estarei na vosa escola e axudareivos a investigar sobre O CORPO,
apetécevos?
Un bico a todos e
todas, e tamén ás familias, porque dende aquí
lles pedimos que nos axuden a traer fotos, radiografías,
receitas médicas, obras de arte (do corpo), consellos de saúde
sobre os dentes ou a alimentación, libros, películas,
ecografías (o embarazo), enciclopedias, xogos de ordenador, de
mesa,...... sobre o tema do corpo."
O primeiro que fixemos foi poñerlle nome ó esqueleto e despois de varias votacións saíu elixido o nome de LEÓN.
Moi entusiasmados co novo proxecto comezados a investigar sobre as cousas que xa sabíamos do corpo e este foi o resultado:
Catamos queixos
Ola a todos e a todas:
Xa estamos de volta das vacacións de Semana Santa, e queremos amosarvos nesta entrada algunhas actividades que nos quedaron pendentes do proxecto das vacas.
As fotos son da cata de queixos que realizamos e á que tamén invitamos ás familias.
Xa estamos de volta das vacacións de Semana Santa, e queremos amosarvos nesta entrada algunhas actividades que nos quedaron pendentes do proxecto das vacas.
As fotos son da cata de queixos que realizamos e á que tamén invitamos ás familias.
martes, 12 de marzo de 2013
Xogamos a pesar cantidades
Bos días, hoxe estivemos pesando canta cantidade de leite levarían unha serie de recipientes nos que se bota leite: cubo, caldeireta, vaso, pocillo e botella e aquí vos deixamos o resultado e a ficha de rexistro da información que realizamos.
viernes, 8 de marzo de 2013
As vacas de Carantoña van de excursión
Hola a todos e todas, hoxe pola tarde estivemos escenificando un conto que inventamos sobre a excursión que realizaron as vacas de Carantoña. Deixamosvos o relato e algunha foto da escenificación, un saúdo.
AS
VACAS DE CARANTOÑA VAN DE EXCURSIÓN
Érase unha vez un grupo de vacas que estaba pastando no prado,
e á vaca BRAIS ocorreuselle que fosen todas de excursión
polo bosque. Sairon camiñando polo prado, pero... todo eran
obstáculos!!!
En primeiro lugar atopáronse cun tronco dunha árbore
(banco) ó que tiveron que subir e percorrer facendo
equilibrio, indo de primeira a vaca CAMILO.
Cando todas as vacas conseguiron baixar do tronco sanas e salvas,
atopáronse cun río, e como non querían mollar os
pés..............., terían que buscar unha solución.
Entón a vaca DANIELA propuxo ir poñendo os pés
encima das pedras do río (aros) para cruzalo.
Camiñaron e camiñaron e de repente unha gran montaña
(túnel) sorprendeu á vaca JOEL, que comezou a subir ata
o pico e logo deslizouse pola outra ladeira, e así todas as
vacas foron detrás.
Pero o viaxe aínda non rematara porque agora tiñan que
sortear un grupo de árbores (conos) que había no
bosque, e a vaca XABI comezou a sortealos....
Cando de repente a vaca MANUELA deuse conta de que o bosque estaba
cuberto de herbas moi altas coas que chocaban os seus cornos, e entón
a vaca PAULA imaxinou que poderían ser serpes e reptar polo
chan para poder pasar.
E cando por fin crían que chegaran de novo ó prado, á
vaca UXÍA quedoulle enganchado o chocallo nunha trampa dunha
rama, e a vaca CARMEN propuxe tirarlle pedras (pelotas) á
trampa (canasta) para poder rescatar o chocallo de Uxía.
E despois de moito intentalo conseguirono e chegaron ó seu
prado onde comeron moita herba e beberon moita auga para logo
descansar deitados coa música de Mozart.
E colorín colorado o conto das vacas de Carantoña queda
rematado e todas as vacas quedan sentadas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)