viernes, 30 de noviembre de 2012

"A festa da esfolla"


Fai xa case un mes celebramos na nosa escola a "festa da esfolla", e para iso as familias facilitáronnos espigas de maínzo. Os nenos e nenas aprenderon que os seus avós e avoas cando eran pequenos non tiñan tantos xoguetes coma eles, polo que usaban as espigas para facer os seus propios xoguetes. Entre todos decidimos facer uns bonecos e bonecas moi chulos, con distintas roupas e peinados. Esperamos que vos gusten, un saúdo a todos e grazas ás familias por colaborar nesta actividade

No hay comentarios:

Publicar un comentario