miércoles, 30 de enero de 2013

DÍA DA PAZ

Bos días a todos e todas, hoxe no cole celebramos o DÍA DA PAZ (30 de xaneiro), e para traballar esta conmemoración realizamos dúas actividades:

  • O muro da paz: cada neno e nena levou para a súa casa un bocadillo no que tiña que debuxar ou escribir coa súa familia unha mensaxe de paz que logo explicaría na aula e pegaría no muro da paz. Queremos compartir este muro co resto de unitarias da zona e ver como lles quedou o seu.
  • As pombas: realizamos coas nosas mans unha pomba, xa que aprendimos que é un dos símbolos da paz.

martes, 29 de enero de 2013

Os cociñeiros de Carantoña

Hola a todos e a todas:
Despois de que onte fosemos ó supermercado, hoxe xa estabamos preparados para converternos en cociñeiros e cociñeiras




Cando xa tiñamos o restaurante montado comezamos os pasos da receita:
1. Manuela bota o leite no recipiente
2. Uxía engade a nata
 3. Paula mestura a nata e o leite
4. Joel exprime o limón na mestura
5. Carmen engade o azúcre á mestura
6. Despois de deixar enfriar a mestura noutro recipiente Xabier bota a clara dos ovos
7. Brais engade o azúcre ás claras de ovo
8. A profe monta as claras e mestúraas co contido do outro recipiente (leite, nata, limón e azúcre) e sirve a leite merengada nos vasos

9. Cada neno/a bota a canela no seu vaso de leite merengada








10. E agora a comer!!!!

11. Por último reflexamos o noso traballo nunha actividade impresa
Despois de esta actividade solicitamos a todas as familias que se animen a vir a facer unha receita ó cole, que por suposto leve leite. Xa temos unha voluntaria, a tía de Xabi, moitas grazas.








 

jueves, 24 de enero de 2013

ÍMOS Ó SUPER

Queridas familias:
Hoxe no cole fixemos unha actividade moi divertida: XOGAMOS ÓS TENDEIROS E TENDEIRAS!!!! Como mañán ímos cociñar "leite merengada" fomos ó supermercado a mercar todo o que necesitábamos: leite, nata, ovos, limón, azúcre e canela. Unhas veces eramos tendeiros e outras clientes, os primeiros debían mirar o prezo do produto na lista e despois cobrarlle ó cliente e darlle o ticket correspondente á súa compra; e os clientes tiñan que dicirlle ó tendeiro o que querían mercar e pagarlle a cantidade de moedas dun euro que lle pedía.
Foi moi divertido!!!
A continuación realizamos unha actividade impresa na que reflexamos a compra na tenda: escribimos e debuxamos o que compramos, pegamos o ticket e as moedas que nos sobraron e debuxamos o número de moedas que nos custou, e tamén escribimos o nome da receita para a que estabamos a mercar.





















miércoles, 23 de enero de 2013

Manualidade

Despois de realizar actividades impresas sobre o proxecto das vacas nas que coñecemos a vaca, o touro e tenreiro, os animais acuáticos, terrestres (a vaca é terrestre) e aéreos, as partes do corpo da vaca, o conto de garabanciño (que xa saben contar todos os nenos/as),... deixamos paso á arte para realizar un bote con forma de vaca no que os nenos e nenas van gardar:
Joel:caramelos
Carmen:caramelos
Brais: caramelos dos Reis Magos
Uxía: pinturas
Daniela: chuches
Manuela: caramelos
Paula: colores
Xabi: chuches
Camilo: lápiz


¿Qué queremos saber das vacas?

Queridas familias:
Esta entrada vai adicada ás nosas familias, xa que para o seguinte paso do proxecto ¿Qué queremos saber sobre as vacas? necesitamos a súa axuda. Queremos agradecerlles que colaborasen traendo tantos materiais sobre as vacas. debuxos e imaxes, puzzles, contos e libros de información, disfraces, peluches (xa temos o pai, a nai e o fillo: touro, vaca e tenreiro), chocallos, unha vaca bailarina, películas...





Grazas a todos e a todas

¿Qué sabemos das vacas?

Queridos amigos e amigas:
Dende a volta de vacacións de Nadal comezamos a traballar no proxecto das vacas, e o primeiro que nos plantexamos é ¿Qué sabemos sobre as vacas? e este foi o resultado:

lunes, 21 de enero de 2013

Os cumpleanos

Hola a todos e a todas:
Durante o primeiro trimestre e no que vai do segundo tivemos moitas celebracións no cole, Daniela, Brais, Camilo, Xabier e a profe estiveron de cumpleanos; todos cumpriron catro anos menos a profe, jeje Entre todos cociñamos as tartas riquisimaaaaa que decoramos con chucherías e que logo comemos xuntos. Tamén cantamos o cumpleanos feliz en galego e inglés. Aquí vos deixamos algunhas fotos da festas (non temos fotos de Camilo porque o día do seu cumple estivo enfermo). 
Un bico