Bos días, hoxe estivemos pesando canta cantidade de leite levarían unha serie de recipientes nos que se bota leite: cubo, caldeireta, vaso, pocillo e botella e aquí vos deixamos o resultado e a ficha de rexistro da información que realizamos.
martes, 12 de marzo de 2013
viernes, 8 de marzo de 2013
As vacas de Carantoña van de excursión
Hola a todos e todas, hoxe pola tarde estivemos escenificando un conto que inventamos sobre a excursión que realizaron as vacas de Carantoña. Deixamosvos o relato e algunha foto da escenificación, un saúdo.
AS
VACAS DE CARANTOÑA VAN DE EXCURSIÓN
Érase unha vez un grupo de vacas que estaba pastando no prado,
e á vaca BRAIS ocorreuselle que fosen todas de excursión
polo bosque. Sairon camiñando polo prado, pero... todo eran
obstáculos!!!
En primeiro lugar atopáronse cun tronco dunha árbore
(banco) ó que tiveron que subir e percorrer facendo
equilibrio, indo de primeira a vaca CAMILO.
Cando todas as vacas conseguiron baixar do tronco sanas e salvas,
atopáronse cun río, e como non querían mollar os
pés..............., terían que buscar unha solución.
Entón a vaca DANIELA propuxo ir poñendo os pés
encima das pedras do río (aros) para cruzalo.
Camiñaron e camiñaron e de repente unha gran montaña
(túnel) sorprendeu á vaca JOEL, que comezou a subir ata
o pico e logo deslizouse pola outra ladeira, e así todas as
vacas foron detrás.
Pero o viaxe aínda non rematara porque agora tiñan que
sortear un grupo de árbores (conos) que había no
bosque, e a vaca XABI comezou a sortealos....
Cando de repente a vaca MANUELA deuse conta de que o bosque estaba
cuberto de herbas moi altas coas que chocaban os seus cornos, e entón
a vaca PAULA imaxinou que poderían ser serpes e reptar polo
chan para poder pasar.
E cando por fin crían que chegaran de novo ó prado, á
vaca UXÍA quedoulle enganchado o chocallo nunha trampa dunha
rama, e a vaca CARMEN propuxe tirarlle pedras (pelotas) á
trampa (canasta) para poder rescatar o chocallo de Uxía.
E despois de moito intentalo conseguirono e chegaron ó seu
prado onde comeron moita herba e beberon moita auga para logo
descansar deitados coa música de Mozart.
E colorín colorado o conto das vacas de Carantoña queda
rematado e todas as vacas quedan sentadas.
viernes, 1 de marzo de 2013
Tarta de piña
Hola a todos e todas:
Onte realizamos outra receita con lácteos coa cociñeira Mamen (tía de Xabi) á que lle damos as grazas pola súa axuda e colaboración. Pasámolo xenial!!!! Mirade!!!!!!!
Onte realizamos outra receita con lácteos coa cociñeira Mamen (tía de Xabi) á que lle damos as grazas pola súa axuda e colaboración. Pasámolo xenial!!!! Mirade!!!!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)