miércoles, 27 de febrero de 2013

Os lácteos

Hola a todos e todas:
Esta semana pasada pedimos ás familias etiquetas de lácteos, porque onte fixemos este mural clasificándoas.
Grazas ó proxecto das vacas estamos aprendendo cousas moi diferentes.

lunes, 18 de febrero de 2013

O DÍA DE SAN VALENTÍN

Queridos amigos e amigas, o pasado 14 de febreiro chegamos ó cole dicindo que era o día de San Valentín moi emocionados, polo que pola tarde decidimos celebrar o mesmo cos nosos compañeiros e compañeiras.
Realizamos a caixa dos agasallos na que cada neno meteu un corazón cunha aperta, un bico ou unha caricia que realizou el mesmo, e despois cada un cos ollos pechados colleu o dun compañeiro/a e levouno para a casa como regalo deste día (aínda que como os regalos de amizade eran inmateriais tamén os escenificamos).
Aproveitamos para mandarlles estes bicos, abrazos e caricias os nosos corresponsais de Lago.












O festival de Nadal

Boas tardes a todos e todas, o pasado 8 de febreiro celebramos na escola o festival de Nadal cos nenos e nenas de Castromil. Cantamos cancións e contamos contos, disfrazámonos de vacas, patos e galiñas, realizamos unha merenda xuntos e tamén xogamos no patio. Aquí vos deixamos algunhas fotos do día e vídeos da actuación. Un bico
















viernes, 1 de febrero de 2013

OS MANDATOS DO MECO

Hola a todos e todas:
Xa estamos chegando a entroido e no cole ímos celebralo dende o luns cos mandatos do meco que son os seguintes: 
  1. LUNS: "Se non te queres mollar a cabeza terás que tapar
  2. MARTES: "Se non te queres despreguizar o pixama poderás levar
  3. MÉRCORES: "Se non te queres resfriar o teu pescozo debes adornar"
  4. XOVES: "Se non te queres fixar un zapato de cada traerás"
O noso meco xa está preparado para o luns: