lunes, 8 de abril de 2013

O esqueleto León

Queridos amigos e amigas:
Hoxe cando abrimos a porta da clase apareceu esqueleto!!!!! Non sabíamos o que pesaba ó principio, pero démonos conta de que tiña unha carta colgada no seu cuello que dicía:

"Bos días Paula, Manuela, Camilo, Xabier, Daniela, Brais, Joel, Carmen e Uxía, como estades?
Primeiro de todo voume presentar, eu son o personaxe que vos vai acompañar na próxima investigación que realizades, pero hai un problema: os meus pais non me puxeron nome, entón teredesme que axudar a atopar un.
A partir da agora estarei na vosa escola e axudareivos a investigar sobre O CORPO, apetécevos?
Un bico a todos e todas, e tamén ás familias, porque dende aquí lles pedimos que nos axuden a traer fotos, radiografías, receitas médicas, obras de arte (do corpo), consellos de saúde sobre os dentes ou a alimentación, libros, películas, ecografías (o embarazo), enciclopedias, xogos de ordenador, de mesa,...... sobre o tema do corpo."


O primeiro que fixemos foi poñerlle nome ó esqueleto e despois de varias votacións saíu elixido o nome de LEÓN.
Moi entusiasmados co novo proxecto comezados a investigar sobre as cousas que xa sabíamos do corpo e este foi o resultado:

No hay comentarios:

Publicar un comentario