viernes, 8 de marzo de 2013

As vacas de Carantoña van de excursión

Hola a todos e todas, hoxe pola tarde estivemos escenificando un conto que inventamos sobre a excursión que realizaron as vacas de Carantoña. Deixamosvos o relato e algunha foto da escenificación, un saúdo.

AS VACAS DE CARANTOÑA VAN DE EXCURSIÓN
Érase unha vez un grupo de vacas que estaba pastando no prado, e á vaca BRAIS ocorreuselle que fosen todas de excursión polo bosque. Sairon camiñando polo prado, pero... todo eran obstáculos!!!
En primeiro lugar atopáronse cun tronco dunha árbore (banco) ó que tiveron que subir e percorrer facendo equilibrio, indo de primeira a vaca CAMILO.
Cando todas as vacas conseguiron baixar do tronco sanas e salvas, atopáronse cun río, e como non querían mollar os pés..............., terían que buscar unha solución. Entón a vaca DANIELA propuxo ir poñendo os pés encima das pedras do río (aros) para cruzalo.
Camiñaron e camiñaron e de repente unha gran montaña (túnel) sorprendeu á vaca JOEL, que comezou a subir ata o pico e logo deslizouse pola outra ladeira, e así todas as vacas foron detrás.
Pero o viaxe aínda non rematara porque agora tiñan que sortear un grupo de árbores (conos) que había no bosque, e a vaca XABI comezou a sortealos....
Cando de repente a vaca MANUELA deuse conta de que o bosque estaba cuberto de herbas moi altas coas que chocaban os seus cornos, e entón a vaca PAULA imaxinou que poderían ser serpes e reptar polo chan para poder pasar.
E cando por fin crían que chegaran de novo ó prado, á vaca UXÍA quedoulle enganchado o chocallo nunha trampa dunha rama, e a vaca CARMEN propuxe tirarlle pedras (pelotas) á trampa (canasta) para poder rescatar o chocallo de Uxía.
E despois de moito intentalo conseguirono e chegaron ó seu prado onde comeron moita herba e beberon moita auga para logo descansar deitados coa música de Mozart.
E colorín colorado o conto das vacas de Carantoña queda rematado e todas as vacas quedan sentadas.







No hay comentarios:

Publicar un comentario