lunes, 18 de febrero de 2013

O DÍA DE SAN VALENTÍN

Queridos amigos e amigas, o pasado 14 de febreiro chegamos ó cole dicindo que era o día de San Valentín moi emocionados, polo que pola tarde decidimos celebrar o mesmo cos nosos compañeiros e compañeiras.
Realizamos a caixa dos agasallos na que cada neno meteu un corazón cunha aperta, un bico ou unha caricia que realizou el mesmo, e despois cada un cos ollos pechados colleu o dun compañeiro/a e levouno para a casa como regalo deste día (aínda que como os regalos de amizade eran inmateriais tamén os escenificamos).
Aproveitamos para mandarlles estes bicos, abrazos e caricias os nosos corresponsais de Lago.












No hay comentarios:

Publicar un comentario